Xornalistas Con Opinión. 20 Biografías

Editorial
Editorial Galaxia
ISBN
9788482888071
Idioma
Gallego
Nº de páginas
380
Formato
Rústica
Colección
Ensaio
22,50€

Sinopse Vinte biografías de escritores e escritoras que chegaron ao xornalismo a través da creación literaria e configuran a crónica apaixonada e lúcida do que arestora somos. No primeiro volume de Xornalistas con opinión recollíanse autores dos séculos XIX e XX. Nesta nova xeira (outras vinte biografías) amplíase a mostra utilizando os mesmos criterios da anterior: autores e autoras que, a través das páxinas dos xornais, entraron no debate do seu tempo, uns máis próximos á creación literaria, outros máis orientados ao discurso xornalístico propiamente dito, mais todos eles comprometidos dun xeito ou doutro coa construción da modernidade. Un equipo de especialistas, coordinados pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, abordan o estudo de vinte personalidades do xornalismo galego, dende Diego Antonio Cernadas, o cura de Fruíme, ata contemporáneos como Domingo Quiroga. Vinte autores, entre os cales se encontran Castelao, Lamas Carvajal, Otero Pedrayo, Dieste e Blanco Amor, incluíndo os textos especialmente reveladores de Rosalía de Castro.