Nimbos de luz é unha mostra itinerante que percorrerá quince concellos das catro provincias de Galicia. A exposición está producida pola Editorial Galaxia e Merlín Comunicación, e ten como comisarios a Alfonso Blanco Torrado, Luís González Tosar e Armando Requeixo. Do proxecto expositivo o conselleiro destacou a súa “calidade didáctica” e o traballo realizado polos comisarios, “os dous primeiros amigos do poeta e o terceiro estudoso da súa vida que, no uso da palabra, nos lembraron a importancia e a altura creativa dun gran literato”.