Zoom

Autor
Ramón D Veiga
Editorial
Edicións Xerais De Galicia
ISBN
9788411101042
Idioma
Gallego
Publicado
2022
Nº de páginas
322
Formato
Rústica
Colección
Rustica
16,95€

Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que lle envíen unha imaxe da súa autoría. A que escollan. A que máis rabia lles dea. O obxectivo é argallar unha historia para cada unha delas, achegar unha ollada diferente, unha interpretación persoal sobre a obra desas creadoras e creadores (cinco mulleres e cinco homes) que tanto admira. O resultado é este libro de relatos en que a retranca e o humor se mesturan de xeito natural coa dor, coa morte e co drama de vivir. Un reto. Un exercicio de escrita e de imaxinación. Unha conxunción de palabra e imaxe en escala de grises. Unha dobre exposición. Un revelado. Un zoom. [Fotografías de Tamara de la Fuente, Pablo Rivas Caride, Lucía García Rey, Susana Estévez, Javier Fernández Pérez de Lis, Paula Gómez del Valle, Marta Moreiras, Ángel Tourón, Iván Nespereira e Hugo Aldatz Alonso.]