López Hernández, Edna Virginia
Edna López nace en 1977 en Los Realejos, ao norte de Tenerife. En 1995 trasládase á cidade de San Cristóbal de La Laguna para realizar estudos de Dereito. Despois de se licenciar no ano 2000 exerce durante algúns anos como avogada. Posteriormente comeza a traballar como asesora legal, e compaxinao coa súa grande afección literaria. Actualmente está a rematar os seus estudos universitarios na licenciatura de Antropoloxía Social e Cultural. A súa primeira novela, Na procura do Tesouro de Kola, comeza a xestarse no ano 2008, inspirada nos lendarios discos de Phaistos. O libro, que recolle parte dos gravados orixinais desta reliquia arqueolóxica a xeito de enigmática linguaxe, está orientado a satisfacer a espilida curiosidade dos lectores máis novos pola aventura, o misterio e o coñecemento.